A asociación teatral “O Aturuxo de Melpómene” constitúese o 24 de abril do ano 2007, en Narón, por iniciativa dun grupo de 13 alumnas e alumnos da Escola de Teatro de Narón, que sentimos a necesidade de crear unha entidade propia coa principal finalidade de promover os proxectos e traballo en conxunto no ámbito teatral.
“O Aturuxo de Melpómene” e unha asociación sen ánimo de lucro, centrada especificamente no traballo teatral a través dos seguintes ámbitos:
➽ Ámbito de promoción e divulgación de espectáculos teatrais:
- Creación.
- Deseño.
- Montaxe.
- Realización.
➽ Ámbito formativo:
- Formación Permanente: dirixida ó afianzamento e desenvolvemento das habilidades teatrais.
- Formación Específica: dirixida á incorporación de recursos para traballos específicos.
➽ Actividades complementarias: Todas aquelas dirixidas a promover a asociación ou a complementar as actividades a desenvolver.
👉 ¿Querer formar parte do Aturuxo? Chamanos ou mandanos un e-mail e estaremos encantados de recibirche cos brazos abertos.
👉 ¿Querer formar parte do Aturuxo? Chamanos ou mandanos un e-mail e estaremos encantados de recibirche cos brazos abertos.
Comentarios