Capítulo 1. DA ASOCIACIÓN EN XERAL. 

Art. 1º. 1. Constitúese unha asociación sen ánimo de lucro das previstas na Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociación. A asociación ten a seguinte denominación “ASOCIACIÓN TEATRAL O ATURUXO DE MELPÓMENE”. 


2. A asociación rexerase por estos estatutos, pola Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo e pola demáis legislación existente en materia de asociacións que lle sexa aplicable. 

Art. 2º. O domicilio principal e permanente da asociación radicará na localidade de Narón, rúa de Vigo, nº 12-14. 1º Dereita. A Gándara,C.P. 15570. 


Teléfono 692857046. Correo electrónico: oaturuxodemelpomene@gmail.com. Poderanse utilizar outros locais asociativos adicionais noutras cidades mediante acordo da Xunta Directiva, que terá atribucións para cambiar, tanto o domicilio como os locais, dándolle conta do seu acordo ao organismo encargado do Rexistro de Asociacións. 

Art. 3º. A asociación, en funcións dos seus fins e do emprazamento do seu domicilio social, exercerá fundamentalmente as súas actividades no ámbito territorial de Galiza. 

Art. 4º. 1. A asociación constitúese por tempo indefinido e só se disolverá, conforme a estes estatutos, pola vontade dos asociados e asociadas expresada en Asamblea Xeral Extraordinaria ou polas causas previstas na legislación vixente. 


2. A asociación rexerase segundo os principios democráticos contidos no marco da Constitución e o resto do ordenamento xurídico. 

Art. 5º. 1. Son fins principais da asociación: 
a. Promoción, difusión e realización de actividades teatrais. 
b. Promoción e difusión de espectáculos en lingua galega. 

2. Para levar a cabo os seus fins, a asociación poderá organizar as seguintes actividades: 
a. Actividades formativas no ámbito teatral. 
b. Espectáculos teatrais. 
c. Calquera outra actividade do ámbito teatral. 

Os beneficios que se obteñan por calquera concepto destinaranse exclusivamente ao cumprimento destes fins, sen que se poidan repartir entre os asociados e asociadas nen outras persoas físicas ou jurídicas con interese lucrativo. 

Capítulo 2. DOS ASOCIADOS E ASOCIADAS. 

Art. 6º. 1. Poderán ser integrantes da asociación todas aquelas persoas físicas, con plena capacidade de obrar e que non teñan débedas pendentes coa asociación e que reúnan os seguintes requisitos: 
a. Ser maior de idade. 

b. Que teñan interese na práctica do teatro amador nos criterios recollidos nos nosos principios asociativos. 

2. Os acordos de admisión de asociados e asociadas tomaraos a Xunta Directiva, unha vez recibida a petición por escrito da persoa que desexa ser admitida. 

Art. 7º. Dentro da asociación poderán existir as seguintes clases de asociados e asociadas: 
a. Fundadores/as, aquelas persoas que subscribiron a acta fundacional. 
b. Numerarios/as, aquelas persoas que ingresaron con posterioridade á subscrición da acta fundacional. 

Art. 8º. 1. A condición de asociado ou asociada pérdese: 
a. Por vontade propia. 
b. Por falta de pagamento de 2 cotas trimestrais. 
c. Por incumprimento das súas obrigas ou a realización de accións que prexudiquen gravemente os intereses da asociación, logo do expediente disciplinario, con audiencia do/a interesado/a. 
d. Por falecemento da persoa física ou extinción da persoa xurídica. 


2. A expulsión de asociados e asociadas nos supostos dos apartados b e c do parágrafo anterior, será acordada pola Xunta Directiva, logo da audiencia do interesado ou interesada. O acordo de expulsión deberá ser ratificado pola Asamblea Xeral Extraordinaria e contra a súa resolución poderase recorrer ante a xurisdición ordinaria. 

Art. 9º. Os asociados e asociadas teñen os seguintes dereitos: 
1. Participar nas actividades da asociación e nos órganos de goberno e representación, exercer o dereito de voto, así como asistir á Asemblea Xeral, de acordo cos estatutos. 
2. Ser informado/a da composición dos órganos de goberno e representación da asociación, do seu estado de contas e do desenvolvemento da súa actividade. 
3. Ser oído/a con carácter previo á adopción de medidas disciplinarias contra el ou ela, e ser informado/a dos feitos que dean lugar ás ditas medidas, debendo motivarse o acordo que, no seu caso, impoña a sanción. 
4. Impugnar os acordos dos órganos da asociación que estime contrarios á lei ou aos estatutos. 

Art. 10º. Son obrigas dos asociados e asociadas: 
1. Compartir as finalidades da asociación e colaborar para a súa consecución. 
2. Pagar as cotas que se establezan. 
3. Desempeñar os cargos para os/as que foron elixidos/as. 
4. Acatar e cumplir os acordos validamente adoptados polos órganos de goberno e representación da asociación. 
5. Acatar o contido dos estatutos. 
6. Ter unha boa conducta individual e cívica. 

Capítulo 3. DOS ÓRGANOS DA ASOCIACIÓN. 

Art. 11º. A dirección e administración da asociación serán exercidas polo presidente ou presidenta, a Xunta Directiva e a Asemblea Xeral. 

Art. 12º. 1. O presidente ou presidenta da asociación será designado/a pola Asamblea Xeral entre os asociados e asociadas e o seu mandato durará 1 ano. Será asisitido/a nas súas funcións por un ou unha vicepresidente/a, que o/a substituirá nos casos de vacante, ausencia ou enfermidade. 


2. O presidente ou presidenta terá as seguintes atribucións: 
a. Representar a asociación perante calquera organismo público ou privado. 
b. Convocar e presidir as sesións que celebre a Xunta Directiva e presidir as sesións de Asamblea Xeral. 
c. Executar os acordos adoptados pola Xunta Directiva e a Asamblea Xeral. 
d. Ordenar os pagamentos acordados validamente. 
e. Asinar as actas, certificados, pagamentos e outros documentos da asociación, xunto co/a secretario/a ou membro da Xunta Directiva a quen lle corresponda a elaboración do documento de que se trate. 

Art. 13º. 1. A Xunta Directiva estará formada polo/a presidente/a da asociación, un/unha vicepresidente/a, un/unha secretario/a, un/unha tesoureiro/a e tantos/as vocais como comisións estexan en funcionamento dentro da asociación. 


2. Os cargos que compoñen a Xunta Directiva serán desempeñados de forma gratuita, sen prexuizo do dereito a ser reembolsados dos gastos debidamente xustificados en que poidan incorrer por actuacións relacionadas coa asociación. As persoas elixidas para estes cargos deberán carecer de interese económico nos resultados da actividade levada a cabo pola asociación.

 
3. A Asamblea Xeral será a competente para elixir os cargos da Xunta Directiva. A súa duración será por un período de 1 ano, e ningún dos seus membros pode ser reelixido no seguinte mandato. 

4. Os cargos cesarán na súa función por: 
a. Falecemento da persoa física. 
b. Renuncia voluntaria. 
c. Transcurso do prazo para o que foron elixidos. 
d. Acordo de cesamento de toda a Xunta Directiva adoptado por ¾ dos asociados e asociadas reunidos/as en Asamblea Xeral Extraordinaria convocada para tal efecto. A renuncia e o transcurso do prazo non dan lugar ao cesamento automático senón que se deberá facer un efectivo traspaso de poderes con entrega de documentación e posta ó día do sucesor. 


As vacantes que se puideran producir durante o mandato de calquera dos membros da Xunta Directiva, serán cubertas provisoriamente entre os ditos membros ate a elección definitiva pola Asamblea Xeral. En calquera caso, a Xunta Directiva debe estar integrada como mínimo por tres persoas, que exercerán as funcións de presidente/a, secretario/a e tesoureiro/a. 

Art. 14º. A Xunta Directiva terá as seguintes atribucións: 
1. Propor na Asamblea Xeral actividades, así como programar e dirixir aquelas que se acorden na Asemblea. 
2. Levar a xestión administrativa e económica da asociación. 
3. Someter a aprobación da Asemblea Xeral o orzamento anual de ingresos e gastos, así como o estado de contas do ano anterior. 
4. Anunciar a convocatoria das Asembleas Xerais. 
5. Proporlle á Asemblea Xeral a fixación de cotas ordinarias e extraordinarias para os/as asociados/as. 
6. Propor as comisións de traballo ou seccións que se estimen oportunas para o bo funcionamento da asociación. 
7. Propor normas interiores de organización e exercer cantas funcións non estean expresamente asignadas á Asemblea Xeral. 
8. Xestionar as solicitudes de ingreso de novos/as asociados/as en base aos requisitos expostos anteriormente. 
9. Proporlle o plan de actividades da asociación á Asemblea Xeral para a súa aprobación, impulsando e dirixindo as súas tarefas. 
10. Resolver os procedimentos disciplinarios que se instrúan. 
11. Aquelas que non veñan atribuídas expresamente a outro órgano da asociación. 
12. En todo caso os diferentes membros da Xunta Directiva deberán realizar unha labor de equipa, traballando de forma cooperativa e apoiándose mutuamente en prol da boa execución das responsabilidades. 

Art. 15º. 1. A Xunta Directiva será convocada polo presidente, a iniciativa propia ou a petición de calquera dos seus compoñentes. 


2. Para que os acordos da Xunta Directiva sexan válidos, deberán ser adoptados pola maioría de votos dos/as asistentes, sendo necesaria a concurrencia polo menos, da metade máis un/unha dos seus membros e, do/a presidente/a ou vicepresidente/a e o/a secretario/a ou persoa que o substitúa. 


A secretario/a ou o/a vocal que o substitúa, levantará actas das sesións que se transcribirán ao libro de actas. 

Art. 16º. Os membros da Xunta Directiva proporán a creación de diferentes comisións de traballo que deberán ser aprobadas na Asemblea. Asimesmo, en cada comisión haberá un vocal que os represente na Xunta Directiva. As comisións terán como principal finalidade preparar actos ou actividades, ou acadar delas as informacións necesarias. Formarán parte das diferentes comisións o número asociados e asociadas que acorde a Xunta Directiva en función do consenso asembleario. 

Art. 17º. A Asemblea Xeral de asociados e asociadas é o órgano de expresión da vontade da asociación e estará formada por todos e todas os/ as integrantes desta. O/a presidente/a e o/a secretario/a da Asemblea serán os mesmos/as que desempeñen eses cargos na Xunta Directiva. 

Art. 18º. A Asemblea Xeral reunirase con carácter ordinario como mínimo unha vez ao trimestre e con carácter extraordinario cantas veces sexa acordado pola Xunta Directiva ou solicitado polo 10% de asociados e asociadas. Neste último caso a solicitude realizarase por escrito dirixido ao/á presidente/a, autorizado coas sinaturas dos/as solicitantes, no que se expoña o motivo da convocatoria e a orde do día. 

Art. 19º. A Asemblea Xeral reunirase necesariamente unha vez por trimestre. As Asambleas serán convocadas con 15 días de antelación polo/a presidente/a da Xunta Directiva, e sempre que sexa posible se autoconvocarán, fixando a data da seguinte Asemblea no propio transcurso da mesma. As notificacións de Asambleas faránse nos locais da asociación sempre que sexa posible, cando sexa necesario realizarase a notificación no propio domicilio dos/as asociados e asociadas. 

Art. 20º. Serán competencias da Asemblea Xeral Ordinaria: 
1. Aprobar o Plan de Actividades. 
2. Examinar e aprobar as contas e balances do exercicio anterior. 
3. Aprobar os presupostos de ingresos e gastos de cada exercicio. 
4. Exame e aprobación das cotas. 
5. Aprobar as comisións de traballo. 
6. Elixir e cesar aos integrantes da Xunta Directiva. 

Art. 21º. Serán competencias da Asemblea Xeral Extraordinaria: 
1. Modificar os estatutos da asociación. 
2. Elixir e cesar aos integrantes da Xunta Directiva, en situacións excepcionais. 
3. Aprobar a federación con outras asociacións. 
4. Autorizar o alleamento, gravame ou hipoteca de bens sociais. 
5. Acordar a disolución da asociación. 
6. Designar aos/ás liquidadores/as. 
7. Ratificar a expulsión de asociados e asociadas a proposta da Xunta Directiva. 
8. Solicitar a declaración de utilidade pública da asociación. 
9. Aprobar o Regulamento de Réxime Interno da asociación. 
10. As que sendo competencia da Asemblea Ordinaria, por razóns de urxencia ou necesidade, non poidan agardar a súa convocatoria, sen grave prexuízo para a asociación. 
11. Tódalas non conferidas expresamente á Asemblea Xeral Ordinaria ou á Xunta Directiva. 

Art. 22º. A Asemblea Xeral quedará validamente constituída sempre que concorran a metade máis un dos asociados/as na primeira convocatoria ou trasncorrida media hora en segunda convocatoria, con calquera número de asistentes, pero, en todo caso, coa presenza do/a presidente/a ou vicepresidente/a e o/a secretario/a ou persoa que o/a substitúa. 

Art. 23º. Os acordos adoptados deberán selo polo voto afirmativo da maioría simple dos/as asistentes ou representados/as, excepto os relativos aos apartados 1 e 7 do art. 21º, que requerirán maioría de dous terzos. A continuación levaranse os acordos ao libro de actas e asinarao o/a presidente/a e o/a secretario/a da Asemblea. A acta deberá ser lida na seguinte sesión celebrada pola Asemblea Xeral e aprobada pola maioría dos membros presentes. 

Art. 24º. Os acordos adoptados conforme aos preceptos anteriores obrigarán a tódolos/as asociados/as, incluso aos/ás non asistentes. 


As sesións abriranse cando así o determine o/a presidente/a. Seguidamente procederase por parte do/a secretario/a á lectura da acta da asemblea anterior que deberá ser aprobada. 


Posteriormente, o/a secretario/a procederá a presentar a orde do día. Cada punto será informado polo membro da Xunta Directiva que lle corresponda, procedéndose ao debate e a aprobación dos correspondentes acordos nos termos contidos nestes estatutos, segundo a materia de que se trate. 

Art. 25º. Os acordos que vaian contra estes estatutos ou infrinxan as fins da asociación poderán ser recorridos en reposición diante da Asemblea Xeral. A partir da resolución do recurso de reposición, quedará expedita a vía para recorrer perante a xurisdición ordinaria. 

Art. 26º. 1. O/a secretario/a recibirá e tramitará as solicitudes de ingreso, levará o ficheiro e o libro de rexistro de asociados e asociadas e terá ao seu cargo a dirección dos traballos administrativos da entidade. Correspóndelle asi mesmo, notificar as convocatorias, custodiar as actas e expedir certificacións destas co visto e prace do/a presidente/a. O/a secretario/a tamén levará o inventario dos bens da asociación nun libro establecido para este efecto. 


2. Nos casos de ausencia, vacante ou enfermidade do/a secretario/a, o /a presidente/a designará entre os/as vocais a un/unha que desenvolva esta función. 

Art. 27º. 1. O/a tesoureiro/a recadará e custodiará os fondos pertencentes a asociación, dará cumprimento ás ordes de pagamento que expida o/a presidente/a, levará a contabilidade da asociación, tomará razón e levará conta dos ingresos e dos gastos asociativos, elaborará o borrador de orzamentos da asociación así como as contas de resultados e balances. 


2. O/a tesoureiro/a ten a obriga de proceder ao peche do exercicio orzamentario antes do 15 de decembro, co fin de que as contas estexan a disposición dos membros da asociación nos quince días anteriores á celebración da última Asemblea Ordinaria do ano. 

Art. 28º. Os/as vocais terán as seguintes atribucións: 
1. Realizar programas e propostas na súa área de actuación. 
2. Desempeñar os traballos que lle sexan encomendados pola Xunta Directiva, tras aprobación na Asemblea. 

Capitulo IV. REXIME ECONÓMICO 

Art.29º. A asociación no momento de iniciar as súas actividades dispón dun patrimonio de cero euros. O peche do exercicio económico coincidirá co do ano natural. 

Art. 30º. A asociación funcionará en réxime de presuposto anual, con partidas diferenciadas de ingresos e gastos. O borrador de presuposto será elaborado polo/a tesoureiro/a da asociación, que deberá telo preparado antes do un de xaneiro de cada ano, a fin de que poida ser aprobado na primeira Asemblea Xeral Ordinaria do ano. 

Art. 31º. A asociación manterase dos seguintes recursos: 
1. As cotas periódicas dos asociados e asociadas. 
2. As cotas extraordinarias que propoña a Xunta Directiva e sexan aprobadas pola Asemblea. 
3. As doazóns ou subvencións que poidan conceder órganos públicos, entidades privadas ou particulares. 
4. Os ingresos que se poidan recibir polo desenvolvemento das actividades da asociación. 
5. Calquera outro ingreso admitido pola normativa vixente para actividades non lucrativas. 

Art. 32º. A Asemblea Xeral Ordinaria, a proposta da Xunta Directiva, aprobará tanto as cotas ordinarias como as extraordinarias que non serán reintegrables en ningún caso. O recadado dedicarase a atender as necesidades da asociación. 

Art. 33º. Anualmente, con referencia ao último día do exercicio económico de cada ano, elaboraranse as contas, que se formalizarán nunha memoria, que será posta a disposición dos/as asociados/as, durante un prazo non inferior a 15 días ao sinalado para a celebración da Asemblea Xeral Ordinaria, que deberá aprobalas ou censuralas. 

Art. 34º. Para a disposición de fondos das contas que a asociación ten nas entidades bancarias será necesaria a sinatura conxunta do/a presidente/a e do/a tesoureiro/a. 

Art. 35º. Como entidade sen ánimo de lucro, en ningún caso poderán ser distribuídos entre os/as asociados/as os recursos obtidos pola asociación. 

Capítulo V. DO REGULAMENTO DE REXIME INTERNO 

Art. 36º. O regulamento de réxime interno, no seu caso, desenvolverá aquelas materias non contempladas directamente nestes estatutos, como o procedemento de elección dos membros da Xunta Directiva e o procedemento disciplinario, e non pode ir en ningún caso en contra do estipulado neles. En todo caso, o funcionamento interno da asociación estará sometido ao ordenamento xurisdicional civil. 

Capítulo VI. MODIFICACIÓN DE ESTATUTOS E DISOLUCIÓN DA ASOCIACIÓN 

Art. 37º. Os ditos estatutos só poderán ser modificados por acordo da Asemblea Xeral Extraordinaria convocada para tal efecto, adoptado polas 2/3 partes dos asociados e asociadas. A proposta de convocatoria deberá ir acompañada do texto das modificacións propostas. 

Art. 38º. A asociación disolverase voluntariamente por acordo dos asociados e asociadas adoptado polas 2/3 partes dos /as asistentes á Asemblea Xeral Extraordinaria convocada para tal efecto. 

Art. 39º. Acordada a disolución, a Asemblea Xeral Extraordinaria designará tres asociados/as liquidadores/as, que xunto ao/á presidente/a e ao/á tesoureiro/a, procederán para efectuar a liquidación dos bens, pagando débedas, cobrando créditos e fixando o haber líquido resultante. 

Art. 40º. O haber resultante, unha vez efectuada a liquidación, doarase a outra asociación non lucrativa e inscrita na comunidade autónoma que teña iguais ou similares fins que os desta asociación. 


O xustificante da doazón será presentado no Rexistro de Asociacións correspondente para proceder á inscrición da disolución da asociación.

Comentarios