Premio FEGATEA á Animación Teatral
A Xunta Directiva da Federación Galega de Teatro Afeccionado acordou, por unanimidade, concederlle o Premio FEGATEA á Animación Teatral, na súa cuarta edición, a Manuel Lorenzo, pola súa dilatada e significada traxectoria no eido da cultura teatral galega.
A
FEGATEA, que agrupa a arredor de 50 grupos de teatro amador e
asociacións culturais de toda Galicia, convoca este premio de carácter
honorífico bianualmente. A súa finalidade é recoñecer o labor a prol do
teatro dunha persoa, colectivo ou entidade.
Neste
sentido á FEGATEA considerou que o intenso e prolífico traballo de
Manuel Lorenzo como director teatral, dramaturgo, actor e tradutor, así
como o seu labor impulsor e dinamizador de incontables iniciativas,
tanto no teatro profesional como amador, falan dun compromiso co teatro
galego difícil de igualar e fano sobradamente merecedor deste galardón.
A entrega do Premio terá lugar nunha cea homenaxe o día 10 de setembro na cidade de Lugo.
Comentarios