Peche Desencaixados
Logo de moitas voltas e mais voltas temos que anunciar o peche da nosa
obra Desencaixados (Esperpéntica Crise). Foi un proxecto fermoso e
creado da nada, en definitiva algo diferente o que fixeramos na
asociación ate ese momento. Dar grazas a tod@s e cada un d@s que foron
participes neste proxecto sexa cal sexa a maneira. Nesta andaina
conseguimos nun ano e pico uns trinta e algo bolos e fumos o Magán,
Palencia, Toledo e ata nos deron dous premios a mellor actriz.....e en
definitiva fixemos o que nos gusta e nos fai felices que e facer Teatro e
rodeados das mellores das compañias. Mil grazas e vémonos nos teatros!!
Comentarios