22/2/15

2º Premio Comparsas Narón

Este ano no Festival de Comparsas de Narón acadamos o 2º Premio coa nosa comparsa de temática Circense.

www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/naron/2015/02/14/entroido-naron-sobrepone-lluvia/00031423939316773298392.htm

13/2/15

En Betanzos

Mañá día 14 de Febreiro estaremos no VI Encontro de Teatro afeccionado de Betanzos con "Desencaixados (Esperpéntica Crise).

9/2/15

Premio Mellor Actriz de Reparto

Logo da nosa gran experiencia por Palencia voltamos moi contentos e mais ainda porque a nosa compañeira Teresa Rua trouxo o Premio a mellor Actriz de Reparto por "Desencaixados (Esperpéntica Crise)" en Guardo. Parabéns compañeira.

6/2/15

En Guardo (Palencia)

Mañá día 7 de Febreiro as 20.00h estaremos en Guardo (Palencia) con "Desencaixados (Esperpéntica Crise) na que será a primeira vez que faremos a obra en Castelán e fora de Galicia.


30/1/15

III Certame Teatro Afeccionado Guardo (Palencia)

Para a semana o día 7 de Febreiro estaremos na III Edición do Certame Nacional de Teatro Afeccionado de Guardo (Palencia) con "Desencajados (Esperpéntica Crisis)". E como vamos a Castilla pois en Castelán que será.


26/1/15

VI Encontro Teatro Afeccionado Betanzos

VI Encontro de Teatro afeccionado de Betanzos. Por aquí andaremos o día 14 de Febreiro con "Desencaixados (Esperpéntica Crise). 


23/1/15

Desencaixados (Esperpéntica Crise)

O Aturuxo de Melpómene temos o pracer de compartir con vós que, aínda non ben comezado o ano, xa fomos seleccionados en tres festiváis coa nosa obra "Desencaixados (esperpéntica crise)", xa representada o pasado mes de decembro no Festival de Agustín Magán: 

Guardo (Palencia): 7 febreiro
Betanzos:  14 febreiro
Villacañas (Toledo): 17 abril