Teatro con Melpómene 2015

Nunha semana comeza o Circuito Galego de Teatro Amador Fegatea 2015: "TEATRO CON MELPÓMENE" no cal teremos durante catro Domingos consecutivos catro representacións de balde e todas as 20.00h no Auditorio de Narón.

20 Setembro | "Animaliños" Teatro de Cámara Ditea
27 Setembro | "Inmortal" Grupo de Teatro Marañao
4 Outubro | "Alba, a casa pechada" Nostrum Cai
11 Outubro | "Un marido de ida e volta" Grupo de Teatro Chumpá Teatro


Cada día que veñas daremos un obsequio do ciclo, e cada día tamén daremos unha rifa por persoa. O último día faremos o sorteo de dúas entradas para o espectáculo que queiras do Pazo de Cultura na tempada 15/16. Xa sabes a máis días que veñas máis rifas que tes ;)

Teatro con Melpómene.

Comentarios